....................................................................

....................................................................
..................................................................................

domingo, 28 de marzo de 2010

3º PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA 2009

O noso traballo " Pequenos/as científicos/as na cociña" realizado conxuntamente polos meus expequerrechos ( os meus alumnos/as do curso pasado, de 5 anos) e os nenos/as de Noia e Forcarei, foi gañador dun terceiro premio de innovación. O traballo xa se pode descargar, desde o portal educativo. Preme na imaxe dos científicos, para poder acceder a él. A descarga leva un tempiño, pero merece a pena, a espera.

sábado, 27 de marzo de 2010

OS NOSOS ABECEDARIOS

Durante o terceiro trimestre seguiremos traballando cos nosos abecedarios( temático, creativo, corporal e urbán). Tamén introduciremos algúns outros, máis novidosos, que veredes unha vez rematado, o traballo.





PROXECTO PIRATAS



martes, 23 de marzo de 2010

A NOSA VIAXE PIRATA

Como colofón do noso proxecto pirata, os pequerrechos adéntranse en alta mar, na procura de novas aventuras.Disfrutade e gozade moito con este fermoso vídeo, que vos preparamos o profe Antonio e a profe Bea.
Idea extraida do noso blog amigo " La clase de Luna". Mil grazas profe Raquel.

viernes, 19 de marzo de 2010

RETRATOS A PASTEL

Para agasallar aos papás polo día do pai, fixemos os nosos propios retratos a pastel. Mirade que chulis nos quedaron!!!.
MOITÍSIMAS FELICIDADES A TODOS OS PAPIS



Nos nosos retratos non podían faltar as adicatorias.Aquí volo mostramos.

lunes, 15 de marzo de 2010

P DE PAPÁ





No curso pasado puidemos disfrutar o alumnado de infantil, dunha ampla sesión de contacontos de Kalandraka na sala sargadelos de Santiago, promovida polo concello compostelán. Un dos libros presentados foi " P de papá". Un pai é quen de transformarse nas cousas máis increibles: tractor, colchón, espertador, grúa,...Un libro que se achega á complicidade entre pai e fillo, e que invita a ambos a descubrirse xuntos e a estreitar lazos da súa relación familiar ao paso de cada páxina. Nestes días co motivo da celebración do día do pai, estamos a traballar con este fermoso conto. Hoxe propuxémoslles ás familias que nos axudaran a facer o noso propio conto de " P de Papá", ilustrarémolo empregando as imaxes dos cativos/as cos seus papis, mantendo o texto do conto de Kalandraka.

jueves, 11 de marzo de 2010

MUSEO VIVENTE DO MEL

Hoxe fomos de visita ao museo vivente do mel " O enredo do abelleiro". Alí contáronnnos como viven as abellas e ademais, participamos nun obradoiro de cera. Cada un de nós fixo dúas veliñas e unha flor, con cera natural.E para rematar, degustamos unha culleriña de mel.










martes, 9 de marzo de 2010

CUMPLE DE ERIC

O venres celebramos o cumple de Eric, soprou enerxicamente, as catro veliñas da súa tarta de chocolate. MOITAS FELICIDADES

martes, 2 de marzo de 2010